Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46610

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a relación de centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP), así como os ciclos formativos autorizados, no curso 2018/19.

Mediante a Resolución do 13 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG do 21 de xuño), fíxose público o anuncio da convocatoria pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP), para o curso 2018/19.

A disposición décimo terceira da resolución desta convocatoria establece que o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ditará unha resolución que conteña a relación de centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a relación de centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) no curso 2018/19, así como os ciclos formativos autorizados.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpoñer un recurso de alzada ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) no curso 2018/19 e ciclos formativos autorizados.

Código

Centro

Código

Ciclo

Idioma

15005749

IES Universidade Laboral

S17004

Prevención de riscos profesionais

Inglés

15021469

IES Leixa

SARG02

Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia

Inglés

15021482

IES San Clemente

MIFC01

Sistemas microinformáticos e redes

Portugués

15022607

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

SSAN01

Audioloxía protésica

Inglés

15024513

CIFP Someso

SFME01

Programación da produción en fabricación mecánica

Inglés

27003175

IES Val do Asma

SADG01(*)

Administración e finanzas

Inglés

SHOT02(*)

Axencias de viaxes e xestión de eventos

Inglés

SIFC03(*)

Desenvolvemento de aplicacións web

Inglés

27006528

CIFP As Mercedes

S16002

Mantemento aeromecánico

Inglés

SENA01

Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

Inglés

32008902

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

SQUI01

Laboratorio de análise e de control de calidade

Inglés

SSAN09

Hixiene bucodental

Inglés

32008914

CPR Santo Cristo

MSAN02

Farmacia e parafarmacia

Inglés

32015050

CIFP A Farixa

SELE02

Sistemas de telecomunicacións e informáticos

Inglés

SHOT03

Guía, información e asistencia turísticas

Inglés

32016285

IES de Vilamarín

SHOT01(*)

Xestión de aloxamentos turísticos

Inglés

SHOT05

Dirección de servizos de restauración

Inglés

32016765

CIFP Portovello

SADG02

Asistencia á dirección

Inglés

SCOM03

Xestión de vendas e espazos comerciais

Inglés

36000417

CPR Plurilingüe San Fermín

MCOM01

Actividades comerciais

Inglés

36000481

IES Ramón Cabanillas

SINA01

Vitivinicultura

Alemán

36011211

CPR Plurilingüe San Miguel 2

BIFC01

Informática e comunicacións

Inglés

36011348

CPR San Miguel

BADG01

Servizos administrativos

Inglés

MADG01

Xestión administrativa

Inglés

MELE02

Instalacións de telecomunicacións

Inglés

36011853

CPR Daniel Castelao

MADG01

Xestión administrativa

Inglés

MELE01

Instalacións eléctricas e automáticas

Inglés

SADG01

Administración e finanzas

Inglés

SIFC01

Administración de sistemas informáticos en rede

Inglés

SIFC02

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Inglés

36013448

CIFP Manuel Antonio

SQUI02

Química industrial

Inglés

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

SMAM01

Deseño e amoblamento

Portugués

36019529

IES Ribeira do Louro

SCOM02

Comercio internacional

Inglés

36020064

CIFP Carlos Oroza

SHOT01

Xestión de aloxamentos turísticos

Inglés

SHOT01(*)

Xestión de aloxamentos turísticos

Inglés

(*) Ciclos formativos de formación profesional dual.