Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46593

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se autorizan centros educativos para impartir o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2018/19.

De conformidade co establecido no artigo 16 da Resolución desta dirección xeral do 2 de abril de 2018, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (Pluribach), para o curso 2018/19, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar os centros que se relacionan no anexo desta resolución para impartir o programa Pluribach, bacharelato de especialización en idiomas.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Centros autorizados

Cód. centro

Nome do centro

Etapas autorizadas

Programa

36010903

CPR Plurilingüe Apóstol Santiago

Bacharelato

Pluribach

15005397

IES Fernando Wirtz Suárez

Bacharelato

Pluribach

15024884

CPR Plurilingüe Rias Altas

Bacharelato

Pluribach

15027721

IES Plurilingüe de Ames

Bacharelato

Pluribach