Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de aclaración de sentenza (1180/2017).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social 5 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento 1180/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa Arias López contra Pedre Fortes, S.L. A Fonte Seca sobre despedimento, se ditou auto cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Rectificar o erro de transcrición contido na sentenza ditada nos presentes autos con data do 29 de xaneiro de 2018, na súa resolución, que quedará redactada do seguinte modo, manténdose os restantes pronunciamentos:

«...Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por María Luisa Arias López contra a entidade Pedre Fortes, S.L., e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que María Luisa Arias López foi obxecto con data do 4 de outubro de 2017, condenando a que a entidade Pedre Fortes, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data en que conste a alta médica (ao encontrarse en situación de incapacidade temporal), ata a notificación desta resolución, que ascenden a 45,14 euros diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 868,87 euros...».

Notifíquese esta resolución ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza, cuxo prazo de formulación se iniciará de novo coa notificación da presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pedre Fortes, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza