Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46642

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 482/2017).

Eu, Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento de Seguridade Social 482/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social número 61, contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social,o Instituto Nacional da Seguridade Social e a entidade Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., sobre seguridade social, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é:

«Que estimando a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Fremap, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social número 61, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a entidade Trabajos, Obras e Servicios Urbanos, S.L., debo condenar e condeno a entidade Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L. a que reintegre á Mutua a cantidade de 54.380,68 € en concepto de recarga de prestacións, derivada do accidente de traballo sufrido por Laureano Martínez Padín durante a súa prestación de servizos para a anterior, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

En data do 13.6.2018 ditouse auto de rectificación co seguinte contido:

«Rectificar o erro de trascrición contido na sentenza ditada nos presentes autos en data do 24 de maio de 2018; onde di ao longo dos seus fundamentos 30 %, debe dicir 20 %, e cuxo ditame quedará redactado do seguinte modo, mantendo os restantes pronunciamentos.

“…Que estimando a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Fremap, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social número 61, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a entidade Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., debo condenar e condeno a entidade Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L. a que reintegre á Mutua a cantidade de 54.380,68 € en concepto de complemento do 20%, respecto da incapacidade permanente recoñecida, derivada do accidente de traballo sufrido por Laureano Martínez Padín durante a súa prestación de servizos para a anterior, que esta entidade anticipou, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo en caso de insolvencia da empresa…”.

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, de ser o caso, se formule contra a sentenza, cuxo prazo de formulación se iniciará de novo coa notificación da presente resolución».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza