Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46738

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación aos propietarios do predio coa referencia catastral 32076A012001190000UU.

Visto o anuncio de notificación no TEU do BOE do 10 de outubro de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírense os propietarios, arrendatarios ou usufrutuarios da parcela coa referencia catastral 32076A012001190000UU, e inscrita no Catastro a nome de Delia Iglesias Iglesias, para que no prazo de quince (15) días executen os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas. Advírteselles que están obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.

San Cibrao das Viñas, 16 de outubro de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde