Visto o anuncio de notificación no TEU do BOE do 10 de outubro de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírense os propietarios, arrendatarios ou usufrutuarios da parcela coa referencia catastral 32076A002000780000UF, e inscrita no Catastro a nome de María Teresa Milagros Araújo Menor e María Remedios Julia Araújo Menor, para que no prazo de quince (15) días executen os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas. Advírteselles que están obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.
San Cibrao das Viñas, 16 de outubro de 2018
Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde