Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 9 de outubro de 2018 pola que se notifica o requirimento da documentación xustificativa da anualidade de 2017 do proxecto IN852A 2016/102, cuxa notificación foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar sen éxito a notificación do requirimento de documentación xustificativa da anualidade 2017 do proxecto IN852A 2016/102 no último domicilio social coñecido da entidade Avanza Lab Inspección y Control, S.L.U., notifícaselle por medio desta cédula no Boletín Oficial del Estado á interesada o contido do dito acto como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

En aplicación do establecido no artigo 45 da Resolución do 30 de novembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, concédeselle á beneficiaria da subvención do proxecto IN852A 2016/102 un prazo de dez (10) días para presentar a documentación que se indica no citado requirimento. De non atender o dito requirimento, teranse por incumpridas as obrigas contidas no artigo 35 da mencionada resolución.

A interesada, durante o dito prazo, poderase presentar nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sita na rúa Airas Nunes s/n, 15702 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Proxecto: IN852A 2016/102.

Nome ou razón social: Avanza Lab Inspección y Control, S.L.U.

CIF/NIF: B70414313.

Axuda: Resolución do 30 de novembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procédese á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN852A) (DOG núm. 243, do 22 de decembro de 2015).

Contido do acto administrativo: requirimento de documentación xustificativa da anualidade de 2017.