Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46800

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2018 pola que se fai público o acordo do Consello Reitor do nomeamento do posto de director/a da Área de Servizos, anunciado pola Resolución do 29 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 108, do 7 de xuño).

Convocada a provisión dun posto de persoal directivo vacante na Axencia Galega de Innovación mediante a Resolución do 29 de maio de 2018 (DOG núm. 108, do 7 de xuño), de conformidade co establecido no artigo 7 das bases da convocatoria e no artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro,

DISPOÑO:

Primeiro. Darlle publicidade ao acordo do Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación que tivo lugar o 9 de outubro de 2018 sobre o nomeamento dun posto de persoal directivo vacante na Axencia Galega de Innovación, anunciado pola Resolución do 29 de maio de 2018 (DOG núm. 108, do 7 de xuño).

Segundo. A persoa nomeada, para o desempeño do posto de traballo de referencia, exprésase no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra o acordo do Consello Reitor os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Apelidos e nome: Arenas Barreiro, Pedro.

Denominación do posto: director/a da Área de Servizos.

Código: IN.A11.00.003.15770.001.

Directivo grupo III, nivel 2.

Localidade: Santiago de Compostela.