Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46785

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2018 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 16 de maio de 2018 pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 31 de decembro de 2017 (DOG núm. 26, do 6 de febreiro de 2018), conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

A Resolución do 16 de maio de 2018 (DOG núm. 101, do 29 de maio) adxudica as axudas ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa predoutoral que se relacionan no seu anexo III.

O artigo 19 da orde de convocatoria establece que no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de outubro de 2018. O dito artigo tamén indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Gain,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas ás axudas de apoio á etapa predoutoral, das modalidades A e B presentadas polas entidades beneficiarias que se relacionan no anexo I.

Segundo. Adxudicar as axudas ás entidades e persoas candidatas das listaxes de agarda das modalidades A e B que se relacionan no anexo II. Os novos contratos deberán formalizarse con data 1 de novembro de 2018 e a súa duración será polo tempo restante de aproveitamento da axuda.

Terceiro. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as entidades alleas ao SUG, segundo a renuncia e a nova incorporación, tal como se indica na seguinte táboa:

Modalidade A: 7 axudas.

Aplicación orzamentaria

Entidades

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2018

2019

2020

2021

Total

09.A3.561A.480.0

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

6

70.972,20

159.000,00

147.000,00

84.208,36

461.180,56

09.A3.561A.403.0

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

1

-

28.500,00

24.500,00

16.319,44

69.319,44

Total

7

70.972,20

187.500,00

171.500,00

100.527,80

530.500,00

Modalidade B: 3 axudas.

Aplicación orzamentaria

Entidades

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2018

2019

2020

2021

Total

09.A3.561A.443.19

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

1

9.598,61

27.500,00

21.500,00

11.901,39

68.500,00

09.A3.561A.403.0

Instituto Español de Oceanografía

1

6.125,00

25.500,00

21.500,00

15.375,00

68.500,00

09.A3.561A.403.0

Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC

-

9.541,67

0,00

0,00

0,00

9.541,67

09.A3.561A.480.0

Fundación Profesor Novoa Santos

1

0,00

23.500,00

21.500,00

11.958,33

56.958,33

Total

3

25.265,28

76.500,00

64.500,00

39.234,72

205.500,00

Cuarto. A entidade beneficiaria deberá remitir un escrito de aceptación á Gain no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Quinto. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da presidencia da Gain e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria e
presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Renuncias ás axudas concedidas

Modalidade A

Nº de exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Total

IN606A-2018/007

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Camino

Martínez

Tamara

*****373G

2

9,4858

IN606A-2018/015

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Guillán

Fresco

María

*****222Y

3

9,4517

Modalidade B

Nº de exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Total

IN606A-2018/033

Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC

Canosa

Betés

Jorge

*****999L

2

10,8789

ANEXO II

Axudas das listas de espera concedidas

Modalidade A

Nº de exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Total

IN606A-2018/020

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

Ríos

Castro

Raquel

*****059Q

2

8,3790

IN606A-2018/021

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Rodríguez

Trillo

Ángela

*****902X

-

8,3314

Modalidade B

Nº de exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Total

IN606A-2018/023

Fundación Profesor Novoa Santos

Durán

Sotuela

Alejandro

*****484G

1

8,7547