Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 26 de setembro de 2018 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Miguélez I e Pasfe I.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión das bateas Miguélez I e Pasfe I e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito do 30 de agosto de 2018, Alberto Rosendo Calvar, en representación de Ventura e Hijos, C.B., solicitou autorización para a transmisión das concesións administrativas e das bateas Miguélez I e Pasfe I.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Cándido Rosendo Calvar (35290155J), das concesións administrativas e das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Miguélez I.

Situación:

Cuadrícula nº: 12.

Polígono: A.

Distrito: Vigo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 21.3.1960.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Alberto Rosendo Calvar (35306478Y), Ventura Rosendo Ríos (35148149D), María Calvar García (76793501C), María Carmen Rosendo Calvar (35285853N), José Ángel Rosendo Calvar (35316332Q) e Cándido Rosendo Calvar (35290155J).

Novo titular: Cándido Rosendo Calvar (35290155J).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Pasfe I.

Situación:

Cuadrícula nº: 26.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 21.3.1960.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Alberto Rosendo Calvar (35306478Y), Ventura Rosendo Ríos (35148149D), María Calvar García (76793501C), María Carmen Rosendo Calvar (35285853N), José Ángel Rosendo Calvar (35316332Q) e Cándido Rosendo Calvar (35290155J).

Novo titular: Cándido Rosendo Calvar (35290155J).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular das concesións queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 26 de setembro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo