Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de execución da obra pública hidráulica de abastecemento de auga ás parroquias de Moar e Añá, Frades (A Coruña), cofinanciada nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través da http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria da licitación.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, en que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obra.

Descrición: abastecemento de auga ás parroquias de Moar e Añá. Frades (A Coruña).

Número de expediente: OH.215.1112.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 48, do 8 de marzo de 2018.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 653.571,38 euros. Importe total: 790.821,37 euros.

Data de adxudicación: 21 de setembro de 2018.

Importe de adxudicación. Importe neto: 497.890,68 euros. Importe total: 602.447,72 euros.

Data de formalización do contrato: 4 de outubro de 2018.

Contratista: Construcciones Cernadas, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

A actuación referida no punto 2 anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

4. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia