Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2018 Páx. 46934

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 11 de outubro de 2018 pola que se nomea funcionaria do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna, a aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), en execución de sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo de data 29 de maio de 2018, P.A. 402/2017.

Con data do 29 de maio de 2018 a Sala do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, ditou sentenza, que é firme, cuxa parte dispositiva dispón:

«Que debo estimar e estimo en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por Alexandra Feijoó Carrera fronte á Consellería de Facenda, seguido como proceso abreviado número 402/2007 ante este xulgado, contra o acto administrativo citado no encabezamento, que se considera desconforme o ordenamento xurídico, polo que se anula.

Como situación xurídica individualizada, declaro o dereito da demandante a que se lle sumen 0,40 puntos á puntuación que lle foi outorgada e recoñecida no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 cos efectos inherentes á dita declaración.

Non se efectúa expresa imposición das custas procesais».

En execución da sentenza a aspirante obtivo as seguintes puntuacións:

DNI

Apelidos e nome

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Fase de concurso

Total

36100532P

Feijoó Carrera, Alexandra

35,65

15,00

Exenta

14,20

64,85

A aspirante superou coas anteditas puntuacións o proceso selectivo, polo que de acordo con todo o exposto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, a Alexandra Feijoo Carrera (36100532P).

Segundo. Adxudicarlle como destino definitivo o posto de traballo que figura no anexo.

Para adquirir a condición de funcionaria do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, a aspirante deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes, que se comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Grupo

Centro destino

Centro directivo

Feijoó Carrera, Alexandra

36100532P

FCC060000536001005

FC

Xefatura Negociado

18

CD

DX da Función Pública (Pontevedra)

Dirección Xeral da Función Pública