Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47057

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 23 de outubro de 2018 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

A Orde da Consellería de Facenda do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, dispón na base II.1.1.3 que o prazo máximo para a realización do terceiro exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O segundo exercicio da fase de oposición, correspondente ao proceso selectivo que se cita, realizouse o día 28 de xullo de 2018.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte a proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe ningún recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda