Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Val-Meirás-Lago (Narón-Valdoviño), para ser notificado por comparecencia dun expediente de modificación do acordo da dita zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a Andrés González López, propietario número 859 na zona de concentración parcelaria do Val-Meirás-Lago (Narón-Valdoviño-A Coruña), para ser notificado por comparecencia do trámite de audiencia por unha modificación do acordo que lle afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O interesado poderá coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 10 de outubro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña