Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47102

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de auto de aclaración de sentenza (304/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 304/2016 por instancia de Silvia Fernández Casteleiro contra Restaurante O Portugués e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou auto de aclaración de sentenza o 1.10.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Auto.

Maxistrado xuíz: Nicolás Emilio Pita Lloveres.

Na Coruña o un de outubro de dous mil dezaoito.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que con data do 4.9.2018 nos presentes autos ditouse sentenza pola que se desestimaba a demanda interposta pola parte demandante.

Segundo. Que o letrado Alberto Pereira Vidal, en representación da parte demandante, presentou escrito de 20.9.2018 en que solicitaba a aclaración da sentenza en canto aos particulares que se especifican neste, que se dá aquí por reproducido.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. De conformidade co que establece o artigo 267, parágrafo 2º, da Lei orgánica do poder xudicial, que dispón «Os erros materiais manifestos e os aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento», así como o parágrafo 3º á vista do manifestado pola parte demandante no escrito arriba mencionado.

Segundo. A pretensión deducida pola parte demandante para obter a aclaración da sentenza ditada non pode ter acollemento favorable, por canto o único feito que se considera probado se refire á realización da reclamación.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación

Parte dispositiva.

A súa señoría acorda que non procede a aclaración solicitada, ratificando a sentenza en todo o seu teor literal.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra este auto non cabe recurso ningún.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O maxistrado xuíz. A letrada da Administración de xustiza.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Restaurante O Portugués, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza