Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47106

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 213/2016).

Mª Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 213/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Moure Pulleiro contra a empresa Riveira Enteira, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decisión:

Que, estimando integramente a demanda interposta por José Moure Pulleiro contra Riveira Enteira, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a suma de 3.893,82 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza, máis os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Riveira Enteira, S.L, en paradoiro descoñecido, insiro este edicto para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza