En cumprimento do artigo 82.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, infórmase que o Pleno municipal do 27.11.2018 acordou:
«Primeiro. Acordar a aprobación definitiva do estudo de detalle para a adaptación e mellora dos edificios administrativos da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, documento achegado pola Autoridade Portuaria o 15.5.2018 no ámbito das parcelas 0945034_2 e 0945034_3.
Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia no prazo dun mes desde a súa adopción.
Terceiro. No prazo dun mes desde a adopción do presente acordo, solicitar a inscrición do estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia segundo o disposto no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e na Orde do 10 de marzo de 2017, pola que se establecen os modelos normalizados de solicitudes para a inscrición, modificación e certificación de datos no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, previstas no citado decreto.
Cuarto. Publicar o estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia da Coruña unha vez publicado no DOG e inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, para lograr a súa eficacia e executividade, de conformidade co establecido na lexislación de réxime local, concretamente nos artigos 70.2 e 65 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local.
Quinto. Notificar este acordo ao interesado no prazo de dez días hábiles desde a súa data.
Sexto. Este acordo, que pon fin á vía administrativa, non pode ser obxecto de recurso en vía administrativa. Contra este acordo pódese interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do Regulamento de desenvolvemento da citada lei) no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, o interesado poderá interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito».
Faise constar que o texto íntegro do estudo de detalle está publicado na sede electrónica do Concello de Ferrol (www.ferrol.gal).
Ferrol, 4 de outubro de 2018
O alcalde
P.D. (Resolución do 11.10.2016; BOP do 26 de outubro)
María Fernández Lemos
Concelleira delegada titular da área de Urbanismo e Mobilidade