Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2018 Páx. 47209

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2018 pola que se convoca proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal (contrato de interinaxe).

Postos de traballo que se convocan: persoal laboral temporal (contrato de interinaxe) na categoría de celador/a guardapeiraos:

– 1 Porto de Cedeira (zona centro de Portos de Galicia).

– 1 Porto de Muros (zona centro de Portos de Galicia).

– 1 Porto de Vilaxoán/Carril (zona sur de Portos de Galicia).

Tipo de contratación: de acordo co previsto no artigo 34.1.b) do Convenio colectivo do persoal laboral da entidade pública Portos de Galicia e no artigo 15.1.c) do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico de empregado público o contrato de traballo revestirá a modalidade de contrato de interinaxe.

Destinos:

– 1 Porto de Cedeira (zona centro de Portos de Galicia).

– 1 Porto de Muros (zona centro de Portos de Galicia).

– 1 Porto de Vilaxoán/Carril (zona sur de Portos de Galicia).

Prazo de presentación de solicitudes polos aspirantes: dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio indicativo das bases. Así mesmo, solicitarase á Oficina de Emprego unha lista de candidatos.

Lugar onde se poden obter as bases completas do procedemento: as bases poderanse obter na oficina dos servizos centrais da entidade pública Portos de Galicia sita no edificio de Área Central, praza de Europa, 5 A, 6º, 15707 Santiago de Compostela e poderanse descargar no seguinte enderezo electrónico: http://www.portosdegalicia.gal/gl/web/portos-de-galicia/provision-transitoria-de-postos-de-traballo

Forma e lugar de presentación de solicitudes: as solicitudes serán dirixidas á comisión de selección e deberán presentarse debidamente cumprimentadas conforme ao modelo de instancia que se recolle no anexo I das bases no Rexistro Xeral da entidade pública Portos de Galicia, sito no edificio de Área Central, praza de Europa, 5 A, 6º, 15707, de Santiago de Compostela, ou remitirse por correo certificado ao mesmo domicilio ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, deberá remitirse por correo electrónico xestion.persoal@portosdegalicia.com antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes unha copia da solicitude rexistrada.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia