Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2018 Páx. 47232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a documentación de solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Aluminios Cortizo, S.A. para a planta de brillo químico situada na Matanza, concello de Padrón (A Coruña) (expediente 2018-IPPC-M-21).

Para os efectos previstos nos artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos titulados:

– Proxecto de modificación substancial da AAI da planta de brillo químico de Aluminios Cortizo pola instalación dunha nova líña de brillo químico e outros cambios nas instalacións. Xullo 2018.

– Estudo de impacto e integración paisaxística (EIIP) do Proxecto de modificación substancial da planta de brillo químico de Aluminios Cortizo pola instalación dunha nova líña de brillo químico e outros cambios nas instalacións. Febreiro 2018.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, os documentos estarán á súa disposición, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2018-IPPC-M-21.

Peticionario: Aluminios Cortizo, S.A.

CIF: A-15077761.

Domicilio social: estrada Padrón-Noia, km 2, Extramundi, s/n, 15901 Padrón (A Coruña).

Localización da instalación: A Matanza, s/n, Polígono Industrial da Picusa, 15901 Padrón (A Coruña).

Actividade: tratamento de superficies metálicas.

Descrición: a principal modificación proxectada consiste en incorporar á actividade unha nave existente, encostada na actualidade ás utilizadas por Aluminios Cortizo, SA, na que se instalará unha nova liña de brillo químico (denominada Línea de Brillo Químico 2) e na que se levará a cabo un proceso de tratamento de superficies análogo ao da liña de brillo químico existente.

Ademais, están previstas as seguintes actuacións:

• Aumento da potencia térmica do forno de quecemento de tochos da liña de extrusión

• Modificacións nos depósitos de almacenamento de produtos químicos

• Instalación dun concentrador de lodos adicional para o proceso de tratamento de augas residuais.

• Instalación dun grupo electróxeno para a subministración de enerxía eléctrica aos servizos básicos, para a súa entrada en funcionamento no caso de fallo da subministración normal.

Corríxese, ademais, o dato de capacidade da liña de extrusión existente (por cálculo anterior erróneo).

Verteduras: estímase que, a pesar do incremento do 86 % previsto na produción de perfil anodizado brillo químico, o caudal de efluentes xerados no estado reformado incrementarase unicamente nun 40 % respecto ao caudal xerado no estado inicial.