Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2018 Páx. 47219

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 514/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 514/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Castro Pombo contra a empresa Confección Ideal, S.L. e outros, sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Ana Castro Pombo, con citación do Fogasa, contra as entidades demandadas, Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L. e Puntada Elaborada, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento e condeno estas demandadas, no prazo de cinco días, á readmisión inmediata da demandante ou ao aboamento solidario dunha indemnización de 33.413,25 euros máis, no caso de readmisión, os salarios de tramitación correspondentes desde a data do cesamento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 39 euros/día, con absolución das restantes entidades demandadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Bendita Costura, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L. e administración concursal de Gaviota Textil XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza