Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2018 Páx. 47215

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 625/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 625/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Manuel Cruces Gómez contra a empresa Alex Lito i Toli, S.L., e coa intervención de Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

A Coruña, 26 de setembro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 625/2016, en que son parte, dunha banda, como demandante, Jorge Manuel Cruces Gómez, asistido pola letrada Paloma Méndez Bello, número de colexiada 6202 de Icacor, en substitución do letrado Stanislao de Kostka Fernández Fernández, e, como demandados, Alex Lito i Toli, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e coa intervención do Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante Jorge Manuel Cruces Gómez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Alex Lito i Toli, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.547,06 euros polos conceptos reclamados na demanda máis o 10 % de xuro por mora especificado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando».

Para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Alex Lito i Toli, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza