Faise público que a Presidencia o día 31.7.2018 ditou a seguinte
Resolución
Aprobación provisional de treito urbano en Cristosende.
Con data do 20.7.2018 asinouse a resolución número 0958/2018 pola que se aproba un treito urbano en Cristosende.
Esta aprobación debería ser provisional, para despois sometela a información pública, remitila á consellería competente e proceder á aprobación definitiva despois do informe vinculante da Xunta (artigo 63 do Regulamento de estradas de Galicia, aprobado no Decreto 66/2016, do 26 de maio).
Tendo en consideración o anteriormente dito, o decreto queda finalmente redactado da seguinte forma:
I. Antecedentes
O Concello da Teixeira, mediante escrito de data 19.6.2018, solicita a declaración do treito urbano de Cristosende, na estrada OU-0605 Pedra do Sol (OU-0606) - Parada de Sil (OU-604).
II. Normativa aplicable
– Lei 8/2013, de estradas de Galicia, e Regulamento que a desenvolve.
III. Treitos par delimitar
Os treitos para delimitar na vía de titularidade provincial OU-0605 corresponden ao núcleo de Cristosende.
|
Estrada |
Lugar |
p.q. inicial |
p.q. final |
Marxe |
|
OU-0605 |
Cristosende |
2+123 |
2+865 |
Esquerda |
|
2+130 |
2+764 |
Dereita |
IV. Treitos propostos
Tendo en conta os treitos solicitados e o plano de aliñacións remitido polo Concello, propoño para treito urbano na estrada OU-0605, lugar de Cristosende, o seguinte:
|
Marxe |
p.q. |
Clasificación solo |
Aliñacións |
|
Esquerda |
2+123-2+865 |
Solo de núcleo rural |
Variables definidas en planos |
|
Dereita |
2+130-2+764 |
Solo de núcleo rural |
Variables definidas en planos |
Polo exposto,
DISPOÑO:
– Aprobar provisionalmente a declaración dos seguintes treitos urbanos na estrada OU-0605 Pedra do Sol (OU-0606) - Parada de Sil (OU-604), lugar de Cristosende:
|
Marxe |
p.q. |
Clasificación solo |
Aliñacións |
|
Esquerda |
2+123-2+865 |
Solo de núcleo rural |
Variables definidas en planos |
|
Dereita |
2+130-2+764 |
Solo de núcleo rural |
Variables definidas en planos |
– Ordenar a tramitación da declaración de treito urbano segundo o artigo 63 do Regulamento de estradas.
Someter a información pública durante un prazo de 30 días hábiles esta resolución, de acordo co artigo 63 do Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento de estradas de Galicia, publicándose no DOG, no taboleiro de anuncios do Concello da Teixeira e na páxina web desta deputación.
Ourense, 5 de outubro de 2018
José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense


