Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 13 de setembro do 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura territorial, relativo ao expediente 15/0008/2017.

En virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación da resolución ditada pola xefa territorial no último domicilio do interesado, sen que esta se puidese practicar, notifícase a persoa citada no anexo para que no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, poida comparecer persoalmente ou debidamente representado na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas para ter coñecemento do contido integro da dita resolución, advertíndolle que, de non facerse así, se terá por notificada.

Advírteselle que contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer un recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación, perante a conselleira de Política Social (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), directamente ou a través desta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 13 de septiembre de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Código do procedemento

Resolución

Data da
resolución

Álvarez Felpeto, Francisco X.

****2105F

15/0008/2017

Extinción

12.7.2018