Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47457

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 22 de outubro de 2018 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación dun/dunha titulado/a superior (técnico/a I), mediante un contrato por obra ou servizo de duración determinada, para o desenvolvemento do proxecto de investigación titulado Dairy for Future (D4F). Ref. Interreg Atlantic Area EAPA_304/2016.

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa web http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico/a I mediante a modalidade contractual para a realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica regulado na lexislación vixente que resulte de aplicación, particularmente, polo disposto nos artigos 12 e 15 do Estatuto dos traballadores modificado polo Real decreto lei 10/2010, pola Lei 12/2001, con especial referencia aos termos da disposición adicional sétima, pola Lei 14/2011 e o Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o referido artigo 15 do Estatuto dos traballadores.

Proxecto que se vai desenvolver: Dairy for Future (D4F). Ref. Interreg Atlantic Area EAPA_304/2016.

O prazo de presentación das solicitudes será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria