Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47825

III. Outras disposicións

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2018 de delegación de competencias.

O Consello Consultivo de Galicia, creado pola Lei 9/1995, do 10 de novembro, e regulado na actualidade pola Lei 3/2014, do 24 de abril, é o supremo órgano consultivo da Xunta de Galicia e das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e actúa con independencia respecto de calquera órgano e, en garantía dela, goza de autonomía orgánica e funcional, non estando os seus membros ligados por ningún mandato imperativo.

Co obxecto de acadar unha axeitada axilización na xestión económica e na tramitación dos expedientes administrativos que dela se derivan, considérase oportuno delegar na persoa titular da Secretaría Xeral, sen mingua da necesaria garantía xurídica, funcións atribuídas regulamentariamente á Presidencia.

Na súa virtude, e facendo uso das facultades que lle atribúe a Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia e no Decreto 91/2015, do 18 de xuño, aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, e segundo o establecido no artigo 9 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e demais disposicións de xeral aplicación,

RESOLVO:

Primeiro. Delegar na persoa titular da Secretaría Xeral do Consello Consultivo de Galicia a seguinte función de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia:

– Autorización dos gastos referentes aos servizos do Consello, con suxeición á normativa orzamentaria aplicable.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia