Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47843

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Detectado un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 203, do 24 de outubro de 2018, prócedese a efectuar a seguinte rectificación:

Na páxina 46948, no anexo I, onde di: «Actividade investigadora: procesos de fabricación asistida por ordenador.», debe dicir: «Actividade investigadora: procesos de fabricación asistida por láser.».