Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47855

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 126/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 126/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Casas Ferreira contra Aparcamiento Labacolla, S.L. e o Fogasa, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018.

Parte dispositiva

Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía Silvia Casas Ferreira con Aparcamiento Labacolla, S.L. e condeno Aparcamiento Labacolla, S.L. a aboar a Silvia Casas Ferreira a suma de 21.082,93 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 18.825,32 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza