Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47863

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 971/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 971/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Godoy López, José Manuel Rodríguez Quindimil, Manuel Pichel López, Giovellys Miralady Amarante Ventura, Rosa María Vázquez García contra Eurográficas Pichel, S.L., Miguel Ángel Lamela Méndez e o Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva:

Estímase integramente a demanda interposta pola parte demandante fronte á empresa demandada e condénase a demandada ao aboamento das cantidades seguintes aos demandantes:

José Manuel Rodríguez Quindimil: 826,16 euros.

Manuel Pichel López: 937,87 euros.

Giovellys Miralady Amarante Ventura: 297,83 euros.

José Antonio Godoy López: 1.168,56 euros.

Rosa María Vázquez García: 602,07 euros.

Tales cantidades terán que incrementarse cos xuros de mora establecidos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que puidese corresponderlle ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que contra esta resolución cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurográficas Pichel, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza