Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 48006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente MON-CO-0328-2018 DIS e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a data de publicación neste será a que determine a eficacia do acto notificado.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 22 de outubro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Denunciada/o

Acto de notificación

MON-CO-0328-2018 DIS

Delfina Vázquez Brañas

Iniciación

MON-CO-0315-2018 DIS

José Manuel Gradaime Peña

Iniciación