A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mediante a Orde do 4 de xullo de 2018 (DOG núm. 116, do 5 de xuño), modificada pola Orde do 9 de outubro de 2018 (DOG núm. 199, do 17 de outubro) estableceu as bases reguladoras e convocou, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia
Unha vez finalizada a tramitación establecida no artigo 9, realizouse o proceso de avaliación e selección das solicitudes, de acordo co artigo 10 da orde de convocatoria.
A competencia para resolver estas axudas correspóndelle á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, de acordo co artigo 10 da convocatoria.
En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 11 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polo órgano instrutor a partir do informe da comisión de selección, a través da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Concederlles ás entidades que a continuación se relacionan (con indicación da denominación da agrupación e o acrónimo) as axudas da modalidade A e B, para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia.
Modalidade A:
Nº exp. |
Univ. |
Nome da agrupación |
Acrónimo |
Importes |
|||
2018 |
2019 |
2020 |
Total |
||||
ED431E 2018/03 |
UDC |
CICA-INIBIC |
CICA-INIBIC |
136.379,02 € |
218.206,43 € |
190.930,63 € |
545.516,08 € |
ED431E 2018/01 |
USC |
Cross-Research in Environmental Technologies |
CRETUS |
150.000,00 € |
240.000,00 € |
210.000,00 € |
600.000,00 € |
ED431E 2018/02 |
UVIGO |
Economics and Business Administration for Society |
ECOBAS |
100.000,00 € |
160.000,00 € |
140.000,00 € |
400.000,00 € |
Modalidade B:
Nº exp. |
Univ. |
Nome da agrupación |
Acrónimo |
Importes |
|||
2018 |
2019 |
2020 |
Total |
||||
ED431E 2018/11 |
UDC |
Enxeñería Civil e Edificación-CITEEC |
A-CITEEC |
100.000,00 € |
160.000,00 € |
140.000,00 € |
400.000,00 € |
ED431E 2018/08 |
USC |
AE Materiales |
AEMAT |
125.000,00 € |
200.000,00 € |
175.000,00 € |
500.000,00 € |
ED431E 2018/09 |
USC |
Gestión y Producción Sostenible de Biorrecursos |
BioReDes |
101.439,79 € |
162.303,66 € |
142.015,71 € |
405.759,16 € |
ED431E 2018/07 |
UVIGO |
Cluster de Investigación e Transferencia Agroalimentario |
CITACA |
106.020,94 € |
169.633,51 € |
148.429,32 € |
424.083,77 € |
Segundo. As solicitudes non incluídas nesta resolución entenderanse denegadas ou desestimadas.
Terceiro. As axudas imputaranse ao capítulo VII dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, na aplicación 10.40.561B.744.0.
Agrupacións estratéxicas |
Entidade beneficiaria |
Crédito |
|||
2018 |
2019 |
2020 |
Total |
||
Modalidade A |
UDC |
136.379,02 € |
218.206,43 € |
190.930,63 € |
545.516,08 € |
USC |
150.000,00 € |
240.000,00 € |
210.000,00 € |
600.000,00 € |
|
UVIGO |
100.000,00 € |
160.000,00 € |
140.000,00 € |
400.000,00 € |
|
Total |
386.379,02 € |
618.206,43 € |
540.930,63 € |
1.545.516,08 € |
|
Modalidade B |
UDC |
100.000,00 € |
160.000,00 € |
140.000,00 € |
400.000,00 € |
USC |
226.439,79 € |
362.303,66 € |
317.015,71 € |
905.759,16 € |
|
UVIGO |
106.020,94 € |
169.633,51 € |
148.429,32 € |
424.083,77 € |
|
Total |
432.460,73 € |
691.937,17 € |
605.445,03 € |
1.729.842,93 € |
As axudas concedidas imputaranse ao plan de financiamento do SUG para o período 2016-2020.
Cuarto. De acordo co artigo 13 da convocatoria, a subvención será librada á entidade beneficiaria á que pertenza a agrupación, conforme a resolución de concesión e de acordo coa normativa vixente.
Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a entidade beneficiaria remita a documentación que se detalla no artigo 13 da convocatoria nas datas indicadas nel, tendo en conta a modificación establecida na Orde do 9 de outubro de 2018 (DOG núm. 199, do 17 de outubro).
Quinto. O incumprimento das obrigas contidas na orde de convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que se establecen nesta resolución, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de mora correspondentes.
Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2018
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional