Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 150/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Varela Moure contra Euroquit, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
«Auto.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018.
Parte dispositiva.
Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Manuel Varela Moure con Euroquit, S.L. e condeno a Euroquit, S.L. a aboarlle a Manuel Varela Moure a suma de 3.311,55 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 13.558,40 euros en concepto de salarios de tramitación.
Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.
Así o acorda, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.
Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe».
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Euroquit, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018
A letrada da Administración de xustiza