Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (34/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 34/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Álvarez Martínez contra Espectáculos Dobar, S.L. sobre despedimento, foi ditada sentenza en data 2 de outubro de 2018, impugnable en suplicación no prazo de cinco días, que se encontra ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Espectáculos Dobar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza