Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48081

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 64/2018).

Demandante: Manuel Vicente Fajundes Dorelle

Avogada: Cristina Augusta Gómez Lozano

Demandados: Castromil, S.A, Trap, S.A., Empresa Monforte, S.A. , UTE Autobuses Urbanos de Lugos e Trap, S.A.

Avogado: Francisco José Castiñeira Martínez

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 64/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Manuel Vicente Fajundes Dorelle contra a empresa Castromil, S.A., Trap, S.A., Empresa Monforte, S.A., UTE Autobuses Urbanos de Lugo e Trap, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva.

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Manuel Vicente Fajundes Dorelle, contra Castromil, S.A., Empresa Monforte, S.A., UTE Autobuses Urbanos de Lugo, S.A. e Trap, S.A. (UTE Tralusa), e contra Trap, S.A., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Declaro a procedencia do despedimento do demandante realizado por Castromil, S.A. con data de efectos o 6 de decembro de 2017 e, en consecuencia, condeno as mercantís Castromil, S.A., Empresa Monforte, S.A., UTE Autobuses Urbanos de Lugo, S.A. e Trap, S.A. (UTE Tralusa) a estar e pasar pola devandita declaración, e a que de forma solidaria readmitan inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a readmisión, a razón de 57,93 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 3.385,28 euros por despedimento improcedente (4.301,12 euros de indemnización legal menos 915,84 euros, xa percibidos como indemnización por fin de contrato temporal).

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

2. Absolvo a mercantil Trap, S.A. das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Trap, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiado de Compostela, 16 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza