Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o proxecto de ordenación forestal do monte veciñal en man común Veiga de Camba (código PO-00008306A) e o seu estudo de impacto ambiental ordinario, concello de Vilariño de Conso.

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométese ao trámite de información pública o proxecto de ordenación forestal
PO-00008306A, así como o seu estudo de impacto ambiental ordinario, do monte veciñal en man común Veiga de Camba, no concello de Vilariño de Conso.

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público para a súa consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Ourense (r/ Villaamil y Castro, s/n, 1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e na seguinte ligazón:

http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/avaliacion_de_impacto_ambiental/informacion_publica_de_eia/

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Ordenación Forestal.

Durante o prazo sinalado as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas á Xefatura Territorial de Ourense a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 2 de novembro de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense