Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48377

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 16 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018 as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código do procedemento IN501A).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto 1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, a Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLVE:

Dar publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 16 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018 as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código do procedemento IN501A), que figuran no anexo.

A súa aprobación realizouse no exercicio 2018 con cargo á aplicación orzamentaria 09.A4.741A.481.0, código de proxecto 2018 00006, dotada con 300.000,00 €.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO

Axudas concedidas

Expediente

Beneficiario

Proxecto

Investimento subvencionable

Subvención concedida

Baremo

IN501A-2018-001

Federación Empresarial de Aserraderos y Rematantes de Maderas de Galicia (Fearmaga)

O noso monte

42.168,52

36.754,86

270

IN501A-2018-002

Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia (COETFG)

Proxecto de accións formativas e divulgativas dirixidas á industria forestal de Galicia

14.790,32

11.832,25

80

Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal (PEFC)

11.237,40

9.997,92

IN501A-2018-003

Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo

Proxecto de actividades formativas e actividades divulgativas no sector forestal

19.227,67

15.803,64

60

IN501A-2018-004

Asociación Forestal Galega (Asefoga)

Novas tecnoloxías na mobilización da madeira e outros produtos derivados

19.250,00

19.250,00

120

Asociación de Desenvolvemento Rural (Ódega)

29.450,00

29.450,00

IN501A-2018-005

Asociación Forestal de Galicia (AFG)

Proxecto de accións de formación e divulgación da Asociación Forestal de Galicia

19.610,00

16.427,60

140

IN501A-2018-006

Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia

Proxecto de formación e divulgación do CMD 2018

24.859,63

21.987,43

80

IN501A-2018-007

Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia

Proxecto de divulgación do sector da madeira 2018

26.868,81

6.818,01

60

Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo

6.852,18

Asociación Galega Monte Industria

6.852,18

Asociación Forestal de Galicia (AFG)

6.346,44