Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de setembro de 2018 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/102/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 12 de xullo de 2018, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coa actividade levada a cabo en solo rústico de especial protección forestal: entulleira de lousa, sen autorización da Dirección Xeral de Enerxía e Minas e sen título urbanístico municipal, no Chao de Vaca, San Vicente, no termo municipal de Vilamartín de Valdeorras, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Elva Arias León en representación de Canteras Villamartín, S.L., mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a interesada o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle a interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística