O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por subsitución do director da APLU (artigo 3 do Decreto 51/2008, de 6 de marzo, DOG núm. 59, do 27 de marzo), ditou resolución pola que desestima o recurso de reposición interposto por Mª Victoria García Gómez, actuando en nome e representación de Ángela Díaz Grandío, contra a resolución ditada polo director da APLU do 25 de novembro de 2015, pola que se ordena a demolición das obras levadas a cabo no lugar de Sanín, parroquia de Lubre, no termo municipal de Begondo, provincia da Coruña.
Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Óscar Conde Díaz, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.
Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística


