Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48437

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do expediente FG número 599.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 27 de setembro de 2018, acordou aprobar definitivamente o Plan parcial sector SUD-5 Icaria IV, en Perillo (documento data 2.2.2018 nº 2009).

O plan parcial é unha disposición xeral, polo que contra el se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 10 de outubro de 2018

Ángel García Seoane
Alcalde presidente