Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48529

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 263/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 263/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Liliana Reino Montero contra o Fondo de Garantía Salarial, Foto Artus, S.L., Antonio García Contreras, Sabina Mallo Ambroa, sobre despedimento, foi ditada sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Liliana Reino Montero contra a entidade Foto Artus, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que Liliana Reino Montero foi obxecto no 29 de agosto de 2017, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento (29.8.2017), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade Foto Artus, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a Liliana Reino Montero de 32.632,02 €.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Liliana Reino Montero contra Sabina Mallo Ambroa e Antonio García Contreras, os que debo absolver das pretensións formuladas contra eles.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Foto Artus, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza