Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48596

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 31 de outubro de 2018 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da presidenta do organismo público Puertos del Estado,

DISPOÑO:

O cesamento de Javier Suárez García como vogal representante da Administración xeral do Estado no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2018

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar