Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 49000

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 254, do 6 de novembro de 2018, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:

Unha praza de auxiliar administrativo de Administración xeral, pertencente á escala de Administración xeral, subescala auxiliar administrativo, mediante o sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

O Corgo, 7 de novembro de 2018

José Antonio Ferreiro González
Alcalde