Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49250

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 7 de novembro de 2018, o tribunal nomeado pola Consellería de Facenda mediante Orde do 5 de marzo de 2018 (DOG núm. 54, do 16 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial

ACORDOU:

Primeiro. Modificar, baseándose nas alegacións presentadas, a puntuación obtida no segundo exercicio da fase de oposición dos seguintes aspirantes, que queda do seguinte xeito:

Nome do candidato

Cualificación (máx. 20 puntos)

Magaly Arias Gil

  7,75

Sonia López Fernández

13,50

Marcos Blanco Gómez

11,35

Alejandro Antonio Baqueiro Alfonso

  9,75

De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria superaron o segundo exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Segundo. Publicar as modificacións das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñería industrial, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2018

Camilo José Carrillo González
Presidente do tribunal