Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de xestión de residuos sanitarios non perigosos xerados nesta xerencia (expediente AB-EIL1-18-006).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIL1-18-006.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión e tratamento/eliminación de residuos sanitarios non perigosos clase I (residuos de papel e cartón) e clase IIA xerados polo Hospital Universitario Lucus Augusti, e residuos clase IIA xerados polo Hospital da Costa de Burela, centros pertencentes á Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lotes: dous.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90524400-0.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisición (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Datas de publicación do anuncio de licitación:

– DOUE nº 2018/S 046-102139, do 7 de marzo de 2018.

– BOE nº 65, do 15 de marzo de 2018.

– DOG nº 55, do 19 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 838.656,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 349.440,00 €. Importe total: 384.384,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30 de agosto de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 26 de setembro de 2018.

c) Contratista: Ascán Empresa Constructora y de Gestión, S. A. (CIF: A39052824).

d) Importe ou canon de adxudicación:

– Lote 1. Importe neto: 154.998,87 €. Importe total: 170.498,76 €.

– Lote 2. Importe neto: 69.479,72 €. Importe total: 76.427,69 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase a resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante o 30 de agosto de 2018.

Lugo, 19 de outubro de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos