De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica no expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a persoa destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido practicar a notificación.
Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, as persoas interesadas anteditas disporán dun prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede desta Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 2 de outubro de 2018
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Precepto infrinxido |
Estrada |
049/18 |
Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L. |
Proposta resolución |
61.2.e) |
VG-4.1, Sanxenxo-A Lanzada |