Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49224

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 9 de outubro de 1991 (Diario Oficial de Galicia número 232, do 23 de outubro). A súa actual composición vén determinada pola Resolución desta dirección xeral, do 7 de xuño de 2018, pola que se modifica a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, designada pola Resolución do 2 de xullo de 2014 (DOG núm. 117, de 20 de xuño de 2018).

O 4 de setembro de 2018 a secretaría da Confederación de Empresarios de Galicia comunicou o acordo dese organismo polo que propón modificar a representación que lle corresponde en defensa das empresas cargadoras, designando para o efecto un novo vogal titular en substitución do anterior. Esta decisión considérase adecuada para garantir o normal funcionamento da Xunta Arbitral, polo que, despois de comprobar que a persoa proposta reúne os requisitos legalmente exixidos para formar parte desta, considérase adecuado atender a proposta realizada.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Modifícase o punto 2.6.1 da Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 7 de xuño de 2018, pola que se modifica a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, designada pola Resolución do 2 de xullo de 2014, relativo á representación das empresas cargadoras, que pasa a ter a seguinte redacción:

«2.6.1. Titular:

– Medardo Arias Prieto».

Segundo. A modificación anterior entenderase vixente e aplicable a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo o non afectado por ela, mantense en vigor o previsto na mencionada Resolución do 7 de xuño de 2018.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2018

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade