Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 19 de outubro de 2018, do Servizo Territorial da Zona Galicia Norte, polo que se publica o acordo de inicio do expediente de deslindamento do dominio público hidráulico no lago resultante do enchemento do oco da explotación da mina de Meirama.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 215, do 12 de novembro de 2018, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 48715, no punto segundo da resolución, onde di: «Proceder á apertura dun período de información pública de vinte (20) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña para que calquera persoa física ou xurídica poida presentar as alegacións que considere pertinentes en relación co deslindamento, en aplicación do artigo 242.2 do RDPH»; debe dicir: «Proceder á apertura dun período de información pública de vinte (20) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación do correspondente anuncio, para que calquera persoa física ou xurídica poida presentar as alegacións que considere pertinentes en relación co deslindamento, en aplicación do artigo 242.2 do RDPH».