Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49492

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DOI 904/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 904/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Nieves Fernández Noya contra Fondo de Garantía Salarial Fogasa, Shivshi, S.L., administración concursal de Deus Creaciones, S.L.-Isaías González García, administración concursal de Confecciones Deus, S.L.-Isaías González García, administración concursal Confecciones Fraga, S.L.-Juan Carlos Rodríguez Maseda, administración concursal Costura Invisible, S.L.-Isaías González García, administración concursal Plataforma Costurera, S.L.- José Antonio González Seoane, administración concursal Shivsi, S.L.-Alejandro Gimeno-Bayón Forteza, Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Perseo Textil, S.L., se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento nº 904/2017.

Demandante: María Nieves Fernández Noya.

Letrado: Sr. Martín Trillo.

Demandados: Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L. Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles S.L., non comparecen.

Letrado:

– Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera S.L., Confecciones Fraga, S.L., non comparecen.

Fogasa.

Letrado:

Sentenza nº 397/2018.

A Coruña, 17 de outubro de 2018.

Resolución:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Patricia Liñares Cores fronte a Shivshi, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L. e Costura Invisible, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

Esta opción deberase exercer no prazo de 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que deberán aboar as empresas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 18.170,18 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 37,14 euros/día.

3. Declaro que a demandante desiste da súa pretensión fronte a Confecciones Deus, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Vainica Doble, S.L. e Perseo Textil, S.L.

O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L. deberán pasar polo establecido na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, Confecciones Fraga, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Perseo Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza