Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de administración de sistemas da Xunta de Galicia (expediente AMT-2018-0044).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto da presente contratación é o servizo de administración da infraestrutura de sistemas da plataforma tecnolóxica da Amtega (Xunta de Galicia).

c) O servizo incluirá as tarefas de soporte, administración, instalación, configuración, explotación, supervisión e monitorización das compoñentes que se encadran nas tipoloxías de elementos tecnolóxicos descritas no prego de prescricións técnicas, así como as súas evolucións durante a prestación do servizo.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

f) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 13.3.2018.

DOUE: 10.3.2018.

BOE: 16.3.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 7.738.806,09 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 3.121.318,46 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17.7.2018.

b) Data de formalización do contrato: 7.10.2018.

c) Contratista: IT Corporate Solutions, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 2.933.040,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia