Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RAI-LU-17/16 (IN635A 2015/255-2).

O 17 de outubro de 2018 o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG núm. 131, do 12 de xullo), ditou a resolución do recurso de alzada RAI-LU-17/16 (IN635A 2015/255-2) interposto por Amador Belón, C.B.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal, notíficase á Amador Belón, C.B., a resolución antes referida.

O interesado poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico Xurídico I da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE ou a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal (https//notifica.xunta.gal).

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición teña a súa sede o órgano que ditou o acto orixinario impugnado; todo iso de acordo co establecido nos artigos 8.3 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Consonte o disposto no artigo 46.1 da citada lei, o prazo de presentación do referido recurso é de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución sen prexuízo de que os interesados poidan presentar calquera outro que consideren oportuno.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2018

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria