Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador INC-LU-0011/2018-LSA.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 30 de outubro de 2018

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: INC-LU-0011/2018-LSA.

Interesado: Domingo A. Fraga Arias.

Acto notificado: acordo de incoación.